Bens de interese patrimonial no roteiro de Chans

Posted on Febreiro 20, 2012

2


FORNO DAS ARCAS
Trátase dunha mámoa con dolmen, datado do período neolítico (3000 a.c.), pertence o concello de Bueu, concretamente situada entre as parroquias de Ardán (Marín) e Cela (Bueu). As mámoas son monumentos funerarios  representativos da era megalítica. As dimensións do túmulo non superan os 30m2. A coiraza esta soterrada e o que si se pode apreciar son os ortostatos, pedras verticais e a anta.

Lenda ‘Casas dos Mouros’ ”As leiras que rodean o lugar do Forno das arcas eran veigas dos mouros, onde estes sementaban o millo miúdo. As casetas restantes que por alí había desapareceron co paso de tempo por seren ruíns ,só quedou unha en pé por ser feita de pedra, o Dolmen  de Forno das Arca”

CAPELA DE SAN LOURENZO

Actualmente en ruínas, consérvase só a planta rectangular cunha pequena ábsida semicircular e grosos muros. Aínda hoxe se disputa a súa pertenza entre o Concello de Bueu e o de Marín. A capela data do ano 1605 (S.XVII), e entre outras controversas sábese que no 1649 o arcebispo amoesta o cura de Cela polo estado de abandono da capela, pois a xente utilizaba para gardar o gando. Pero tras a división dos concellos en 1818 a Capela pasa a terreos de Marín `polo que e reclamada pola freguesía de Ardan.
Actualmente o santo desta Capela, Santo dos cazadores (San Lourenzo) atópase gardado na igrexa de Santa María de Cela.
Lenda ‘A Pedra que non Ardía’ ”Cando a Capela se derrubou debido o seu abandono un home (de Cela ou Ardán, segundo quen conte a historia), levou unha pedra para a lareira da súa casa, cada vez que acendían o lume para quentar as tarteiras aparecía un vento que mandaba a tarteira polo ar, ennegrecía a pedra e morría o lume, a familia enfermou e non lles quedou mais remedio que devolve-la pedra a Capela, a continuación todos sanaron”


MONTE DO CASTELO
Este castro situado no monte de Ardan, sobre un abrupto outeiro granítico, punto mais alto sobre o nivel do mar, pertence a Idade de Ferro, E posteriormente reocupado no Alto Medievo (século III A.C.-VIII D.C.) Alto Medievo. Pertence por tanto o Concello de Marín. A plataforma sita nunca zona moi empinada e ten unha superficie de 20X30m, rodeada por tódolos lados por costas pronunciadas, ademais a croa da mouta esta rodeada por unha “muralla”
Lenda ‘Tesouro dos Mouros’ ”Hai tempo o cura de Ardan e dous homes quixeron ir polo tesouro dos mouros agochado no Castelo. Atopárono e cargárono nun carro, o baixaren o Mouro sorprendeunos a cabalo, o vérense atrapados o cura trazou o seu redor o “Círculo de Salomón” . O mouro ficou fóra do circulo, o cura dende el arreoulle coa súa estola, o mouro o caer do cabalo derramou tres moedas de ouro”.
Lenda ‘Buraco dos Mouros’ ”Polos penedos que hai na praia de Portomaior, atópase unha cova (Burato de Cachacho) na cal se te metes podes escoltar as voces da guerra da Independencia, e se continuas por ela darás saído no Monte do Castelo¨

Advertisements