O roteiro de Chans

Posted on Febreiro 20, 2012

0


O roteiro de Chans, cun recorrido aproximado de 8 Km. e nun tempo variable de 2 horas e media, ven de presentarse coma unha alternativa mais de lecer no entorno da parroquia de Santa María de Cela, en Bueu. Coordenadas xeográficas LAT. 42º 19´ 45.82 N LON. 8º 44´14.47 W (Datum ETRS89) .

O lugar ou asentamento coñecido como “Chans de Cela” engade os seus diversos usos recreativos (asadores, campos de xogo e deporte) e este roteiro para complementar o lecer e aportar coñecemento e valor natural, patrimonial e paisaxístico do lugar a comarca.

COMO CHEGAR?

O acceso principal dende o concello de Bueu sitúase no cruce entre a PO-550 e a estrada que sube a “Torre de Cela”, xunto a panadería Freire. Dende acá se sube sen desviación algunha pasando pola casa rural, e xa mais enriba se chega a un punto de referencia da zona, o cemiterio e a igrexa de Cela do século XXII, onde a parada e obrigatoria para contemplar o entorno do apreciado monumento e as primeiras vistas da enseada de Bueu, ademais, se procede, poderase degustar dun viño ou similar acompañado dunha tapa na taberna típica xusto detrás do conxunto.

Unha vez feita esta parada, continuarase uns apenas 100 metros cara enriba ata chegar a un cruce, neste deberemos ir cara a esquerda para deixar atrás unhas sinuosas curvas e casas, nese preciso instante xa nos mergullamos nos montes sen desviarse ata chegar ao punto de inicio do roteiro no área recreativa.

PERCORRIDO

O roteiro ten unha estrutura circular con un par de variantes principais para visitar algún elemento destacado, se tomamos a decisión de ir e entrar cara enriba, adentrarémonos na espesura do bosque atlántico cara un dos elementos singulares a visitar (A mámoa sinalada no mapa), nos toparemos cun antigo camiño en subida, con certa dificultade pola cantidade de rocha e a pouca definición do paso firme, polo que en canto a cadeiras con rodas ou carriños de nenos, nos seguintes 50 metros a dificultade e crecente. Unha vez pasado ese tramo e fixándose na sinalización para non desviarse nos numerosos cruces de pistas, chegamos a mámoa nun entorno “máxico” pola súa beleza diferenciada a o estar cuberta principalmente por carballos e outras árbores e arbustos propios da flora autóctona. Dende aí imos pasar unha zona chaira con bosque mixto de carballo, piñeiro e eucalipto, e importante destacar a riqueza do terreo en canto a aspecto e composición dos materiais debido a súa formación dada a orografía do terreo.

Dende esta zona, chegamos a unha recente tala para chegar a situación da antiga capela de San Lourenzo, na que, non fai moitos anos, se facía romarías e encontros veciñais. Antes de chegar a pista principal existe unha pendente de uns 40 metros, unha ver recorridos un metros, e antes de seguir por esa pista, poderemos observar preto (cara abaixo) unha poza feita para recoller auga, e que ten interese faunístico, en canto os anfibios (animais ligados a auga principalmente pola súa reprodución) e invertebrados que alí se atopan e que moitas veces, por facer limpezas en datas inadecuadas, non se lle permite completar o seu ciclo reprodutivo. Subiremos de novo a pista principal.

   Dende aí comeza un tramo chairo que segue esta pista para comezar a baixada e introducirse de novo en bosque mixto, zonas húmidas cheas de regatos e flora asociada (xuncos, mofos e fentos), recomendase no saírse dos carreiros e evitar os estragos. Unha vez seguimos estes sendeiros chegaremos a estrada por onde chegamos o punto de inicio, pola cal pasa un regato (no que dependendo da data pódense observar distintos invertebrados) e cruzando esta, seguiremos unha pista ancha que rodea o outeiro da Telleira (ver mapa). A fin deste rodeo chegamos a unha das variantes para ir o propio outeiro-mirador da telleira, neste pódense observar unhas magníficas vistas de Bueu, a súa enseada e o fondo as illas Ons (parte do parque nacional das illas atlánticas) como elementos paisaxísticos de interese. Unha vez visitada esta variante, se pode atravesar pola chaira onde se atopan os catro restos arqueolóxicos catalogados no inventario de patrimonio galego e que se compoñen de dous túmulos, un asentamento ao aire e un achado illado. Dende o punto anterior deixando a dereita o campo, e sen atravesar este enclave comentado, pódese seguir para chegar o monte castelo, ou “outerio da teixogueira“, son uns 3 Km. ida e volta para contemplar un pequeno bosque caducifolio de carballos achaparrados en consonancia con rochas cheas de mofos e flora singular. Subir o outeiro ten dificultade media e ai que prestar atención as posibles caídas se un quere achegarse as zonas altas. Resaltar a importancia da conservación do lugar e tentar non saírse dos pequenos carreiros. Neste lugar tamén pódese observar unhas magníficas vistas, coa illa do Santo en primeiro lugar. O lugar está protexido e catalogado no inventario de patrimonio galego.

e aquí vólvese por onde se viu ata chegar a área recreativa de novo, onde agardan unhas instalacións que mantén a comunidade de montes de Cela para uso e desfrute dos veciños e persoas que gusten da protección e uso do monte. A vivilo !

o roteiro en wikiloc !

cartaz da inaguración

Advertisements