máis novas denunciando o vertedoiro incontrolado no petroglifo das Abelaires

Posted on Marzo 7, 2012

0


O pasado sábado volvimos ver no Faro de Vigo como continua sendo o estado do petroglifo das Abelaires. Tamén hoxe, en culturagalega .org, podemos ler como O petróglifo das Abelaires, ubicado en Cangas do Morrazo, case nos lindes do territorio municipal, ten mala sorte por dous motivos: estar ao carón dun camiño e nas proximidades do Punto Limpo de Cangas. Así que cando o Punto Limpo está pechado, algúns dos veciños con poucos escrúpulos botan o lixo sobre a laxe dos petróglifos. A Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro denunciou os feitos e solicitou ao concello de Cangas a limpar o contorno, colocar unha barandilla de protección e paneis informativos.’

Deixámosvos unhas fotos mostra do lamentable estado no que se atopa este ben arqueolóxico:

Advertisements