Sae á luz o mapa crítico de Galiza 2012

Posted on Maio 2, 2012

0


O Mapa Crítico de Galicia 2012, un traballo colaborativo para a Rede de dereitos sociais e Galiza Non se Vende.

   ‘Este Mapa crítico Galiza 2012 pretende ser unha sintética plasmación gráfica das agresións e conflitos que, relacionados co medio, son sinalados e problematizados politicamente por infinidade de colectivos sociais do pais que se opoñen cotidianamente a destrución que o modo de explotación capitalista impón sobre o noso territorio.
Baixo tres eixos necesariamente subxectivos (medio, sociedade, economía) tratamos de recoller nesta cartografía crítica algúns dos elementos centrais na loita pola defensa do que é de toda a cidadanía, do Procomún: ‘esa constelación de recursos que debe ser activamente protexida e xestionada na busca de manter o ben común’.
Unha ferramenta para sinalar xeograficamente os puntos críticos onde estase a dirimir o futuro dos nosos ecosistemas sociais que, poren, precisa para ser efectiva da materialización física e tanxíbel de esas loitas con as que pretendemos, colectivamente, transformar e conquistar o futuro.’

Preme na imaxe e descarga o pdf !

 

Advertisements
Posted in: Uncategorized