Comentarios á memoria ambiental do Proxecto de Ampliación do Porto de Bueu (Porto deportivo de Pescadoira)

Posted on Novembro 17, 2012

1


Poñemos á vosa disposición o texto íntegro entregado en nome dos colectivos abaixo asinantes á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio o pasado 15 de novembro de 2012 en referencia á Memoria Ambiental do Proxecto de Ampliación do Porto de Bueu (Porto deportivo de Pescadoira):

  1. EFECTOS SOBRE AS PRAIAS

1.1. Pescadoira:

Na memoria admite que as obras de rexeneración da praia de Pescadoira realizadas no 2009 por Portos de Galicia “han permitido que la playa interior del puerto pueda volver a ser utilizada con fines recreativos…pax 1. “. Polo cal non se entende que se agora se vaia matar a praia encerrándoa dentro dunha dársena onde será totalmente inviable para o baño xa que quedaría pechada dentro novo porto con mais de 600 embarcacions e unha bocana de entrada de tan só 40m. Ademais deste efecto “cloaca”, a propia lei prohíbe o baño dentro das dársenas portuarias. Sería como afirmar que pode existir unha praia apta para o baño detrás da praza de abastos, dentro da actual dársena pesqueira.

Por riba, o vial de entrada o novo porto, en ambas alternativas (frente o clube de remo) esixe un recheo de 9 m de ancho sobre a praia de Pescadoira.“Para resolver el acceso a la nueva dársena se procederá a ampliar el angosto acceso actual, dotándolo de calzada de 6 metros de ancho, acera – paseo de 3 metros de ancho del lado del mar y acera interior de 1.5 metros”. A pesar de que Na páxina 2 di… “Portos de Galicia pretende con el presente Estudio de Alternativas y Anteproyecto desarrollar nuevas soluciones para la ampliación del puerto de Bueu acordes con los condicionantes actuales, y que respeten la playa interior del puerto,”

Máis adiante na páxina 33 di: “En la playa de Bueu (Pescadoira) la ampliación del puerto provoca que el oleaje que llega a la misma sea mínimo y que los frentes tiendan a crear una playa aconchada en los dos extremos de la misma, por lo que la ampliación del puerto contribuirá a la estabilización de esta playa” Claro que vai quedar estable pero non servirá nunca para o baño.

Praia de Pescadoira rexenerada

En resumen, a execución deste proxecto mataría para sempre a praia de Pescadoira convertindoa nunha cinta de area totalmente insalubre e inservible para o uso público. Por eso os argumentos que se empregan nesta memoria falan de “estabilización, respeto a praia, etc”, e outra serie de termos ambiguos porque saben os autores que nunca será apta para o baño. Ademais e un sen sentido que Portos de Galicia gastara uns 400.000€ en rexenerar a praia para o uso público para agora “matala” con este proxecto.

Praia de Pescadoira rexenerada

1.2. Outras praias (Petís, Loureiro, Agrelo, Portomaior…):

Mais adiante (pax.33) sobre a dinámica de litoral e efectos sobre as praias do entorno di: En el “ESTUDIO DE ALTERNATIVAS Y ANTEPROYECTO. AMPLIACIÓN DEL PUERTO DE BUEU. PONTEVEDRA” se incluyen los siguientes anejos:-ANEJO Nº4. Estudio del oleaje.- ANEJO Nº7. Agitación interior.- ANEJO Nº8, un estudio básico de dinámico litoral.

En este ANEJO Nº8, en su apartado 3 se exponen las siguientes conclusiones:

Las únicas playas que podría tener alguna variación serían la playa de Bueu (Pescadoira) y la playa de Pescadoira (refírese a Petís).

En cuanto a la playa de Pescadoira (Petís), situada al este del nuevo contradique proyectado, se observa una ligera disminución del oleaje incidente sobre la zona más próxima al contradique que provoca que se acumule más arena en esa zona, como se puede ver en la forma de los frentes de oleaje  que llegan a ella.

Las playas situadas al este de la Punta Corbeiro (Loureiro, Agrelo, Portomaior) tampoco se ven afectadas por ninguna de las alternativas pues no afectan a la dirección de los frentes ni a la altura de ola que incide sobre ellas (no se crea ningún nuevo polo de difracción, ni suponen barreras a la propagación del oleaje).

Todo esto son unha sarta de falsedades xa que os estudios os que fai referencia son modelos informáticos que utilizan datos da boia de Portos do Estado en Cabo Silleiro (punto WASA 14522), os propios autores recoñecen a incertidumbre dos datos:

  • ” Para la determinación del clima marítimo en las proximidades del puerto de Bueu, sería necesario disponer de una boya en la zona de interés, y además, para que los resultados fuesen fiables, resulta necesario disponer de una secuencia de datos que incluyesen un número suficiente de años de medida.  Anexo 6: Estudio del Oleaje.“
  • “Debido a la ausencia de series temporales suficientemente largas de datos instrumentales, han adquirido gran importancia las series de datos visuales, recogidas por los barcos al cruzar en sus rutas diferentes zonas previamente seleccionadas, estas observaciones se realizan visualmente, lo que introduce una cierta incertidumbre a la hora de juzgar la validez de las mismas: Apdo 2.1. Oleaje a partir de observacones visuales.” .

Como se pode decir que “no se crea ningún nuevo polo de difracción, ni suponen barreras a la propagación del oleaje”. O sea que unha nova dársena de 323-374 metros que se adentra mais de 150 metros no mar non vai supor unha barrera nin alterar a ondaxe?. Isto e totalmente falso e impresentable. Se entende con solo con un par de fotomontaxes (páxina seguinte) que se van producir grandes cambios na dinámico do litoral da ensenada de Bueu.

En resumen, existe un alto risco de danos sobre as restantes praias (Petís, Loureiro, Agrelo, Portomaior) que son imprevisibles e imposibles de predecir. E en ningún caso se garante a ausencia de danos polo que unha vez causados os mesmos serán irreparables (experiencia de Beluso, etc.)

Novo polo de difracción da ondaxe na enseada de Bueu.

  1. EFECTOS SOBRE A PAISAXE:

A este respecto na pax..36 afírmase; “En primer lugar y con respecto al paisaje próximo, la creación de las nuevas obras de abrigo no supone la introducción de nuevas estructuras en una zona donde antes no las había, sino más bien, significa ampliar y modificar unas estructuras ya existentes y que se inscriben en un marco que presenta un carácter visual de tipo antrópico urbano y portuario, lo que, unido a la reducida extensión superficial y volumétrica que alcanza la actuación proyectada, permite asegurar una perfecta integración visual con su entorno más inmediato” Px 36

¿como e posible tal afirmación? Unha darsena de mais de 300 metros de largo que se adentra no mar ocupando mais de 40.000m2 de lámina de auga NON é unha nova estrutura? Entón que é?…

A propia anchura dársena e altura dos espaldons (sobresaen +2.50m por riba do muelle) similar a do último tramo da dársena actual ou a dársena da praia de Beluso, formará tal pantalla visual que deixaremos de ver o mar e o outro lado da Ría dende todo o paseo de Pescadoira. Ademais os edificios de servizos de portos que se plantexan construír aumentarían esta pantalla visual cara o nordeste. Por non falar dos barcos que ocuparían a propia dársena.

  1. EFECTOS SOBRE OS RECURSOS MARIÑOS

No proxecto di: “No se han identificado especies recurso en abundancia para constituir una zona explotable ni se han identificado especies de especial interés, siempre representativas del estado degradado en el que se encuentran los sustratos cargados de cascajo, finos y materia orgánica” ..Pax 25

Ainda que na seguinte páxina admite:

“Una vez consultadas dichas fichas se comprueba que en el caso de los moluscos bivalbos y navaja y longueirón los ámbitos de dichos planes de explotación incluyen el área del puerto de Bueu y Punta Pescadoira”…..Pax 26

Os recheos previstos  en ambas alternativas soterraran o redor de 40.000m2 de lámina e fondos mariños faénables; onde actualmente ademais do marisqueo a flote (Banco IIB Pescadoira -ameixa, etc),  tamén se faena con nasas e aparellos na zona (centola, nécora,etc.) xa que existen fondos rochosos bastante productivos. Ademais de zonas de cria de cefalópodos.

Foto onde se poden contar mais de 17 barcos faenando na zona

Ambas alternativas supoñen danos irreversibles moi graves sobre os recursos mariños nesta zona de Bueu. Danos que o sector pesqueiro non se deberia poder permitir sobre todo na difícil situacion actual que atravesa o sector.

  1. PATRIMONIO CULTURAL

A memoria ambiental neste caso fai referencia a unha seria de hórreos, Capela de San Xóse, un lavadoiro, e unha embarcación se pesca que afundida no 5 de marzo de 1889 frente o actual porto  e na que morreron os 5 tripulantes (da cal no se atopou ningunha referencia nas fontes consultadas??)

Non obstante, esquécense do mais importante a nivel de patrimonio cultural, non citan os restos romanos de Pescadoira. Un xacimento importantísimo que situa Bueu non ámbito romano en Galicia xa que e o único conocido no que se fabricaban ánforas romanas (forno romano), De feito os restos romanos (rampas, moedas, cerámicas,restos de edificacións…) espállanse polo entorno da praia de Pescadoira e pénsase que parte das salazons romanas poden estar debaixo da antiga cetárea polo que estaría totalmente afectado polo proxecto. A importancia deste xacimento tamén se reflicte no proxecto dun Aula de Arqueoloxia que o Concello de Bueu pretende abrir neste ámbito. (fonte. Excavación arqueolóxica do forno de ánforas no solar nº 7).


  1. UN SEN FIN DE ERROS:

O citado documento ten tal cantidade de erros, grandes e pequenos, que xa dende a primeira páxina ponse en evidencia a falta de rigor do mesmo. Por exemplo, nesta 1ª pax. fala da “transferencia del puerto de Ribeira” confundíndose de porto loxicamente. Tamén na  primeira páxina se lanza a decir alegremente “Gracias a la bondad de su clima……… el Concello de Bueu a experimentado un aumento de población en los últimos años”, o cal é falso xa que a poboacion de Bueu en realidade diminui levemene nos últimos dez anos; pasando de 12.548 habitantes no 2001 a 12.348 no 2011 (basta consultar fonte INE).

A hora de falar do modelo socioeconômico (pax 30) mixturanse os contidos sobre Bueu e a illa de Ons sen saber moi de que ámbito esta a falar nos diversos parágrafos.

No apartado de impactos socioeconômicos (pax 36) volver a pegar a paxina 1 un cós mismos erros (porto de Ribeira, etc). Tamén na pax1 cita os estúdios de Portos incorrectamente xá que em maio de 2005 se realizou . ESTUDIO BASICO: INSTALACIONES PARA LA NAUTICA RECREATIVA BUEU onde so existía unha alternativa e no que xa se incluían os estudos sobre a dinámica de litoral.

A todo isto ahí que sumar unha serie de frases “alegres” onde se din cousas como:

las nuevas obras de abrigo no supone la introducción de nuevas estructuras en una zona donde antes no las había”

  “Dada la entidad de las actuaciones y el carácter del medio sobre el que se disponen las opciones de desarrollo del proyecto, el impacto debe calificarse como de Magnitud Mínimo o Compatible para todos los casos y Complejidad Baja”.

 “Los posibles impactos que causaría el relleno sobre las distintas comunidades faunísticas se asocian a la fase de ejecución de la obra y finalizarán cuando termine la obra; considerándose impactos temporales y no permanentes.”

Tamén discrepamos nos argumentos que se dan na páxina 3 obligacion sobre a necesidade de someter o este proxecto  a Avalicaión de Impacto Ambiental (AIA) xa que en ningún caso se trata de “Otros proyectos”, letra k) “Cualquier cambio o ampliación de los proyectos que figuran en los anexos I y II, ya autorizados, ejecutados o en proceso de ejecución que puedan tener efectos adversos significativos sobre el medio ambiente.

Senon que “Segundo o Real Decreto Lexislativo 1/2008 de 11 de Xaneiro polo cal se aproba o texto refundido da Ley de Evaluación de Impacto ambiental de Proxectos no seu Artigo 3.1 establece: Os proyectos públicos e privados consistentes na realización de obras, instalacións, ou calquer outro tipo de actividades comprendidas no Anexo I deberán someterse a unha Evaluación de Impacto Ambiental na forma prevista nesta lei.
Anexo I / Grupo 6 / apartado d => Portos comerciais, pesqueiros e deportivos.

E dicir, que non estamos a falar dun cambio ou ampliación dun proxecto xa existente senon que trátase dun proxecto novo (con viales propios de entrada, etc.)

  1. CONCLUSIÓNS:

Esta memoria ambiental do proxecto de Ampliación do porto de Bueu (Porto deportivo de Pescadoira) carece da seriedade e rigor suficiente para que se continue coa tramitación do mesmo. E pon en perigo un bo numero de praias e recursos mariños que este municipio non pode permitirse o luxo de perder.

Lembramos ademais que proxectos como estes levados a cabo por Portos de Galicia no pasado, xa lle costaron a este pobo graves daños no seu litoral e praias (Porto deportivo de Beluso, Espigón da actual dársena. etc).

As praias son un ben público como marca a constitución e a lei de costas polo e un dereito de todos podelas disfrutar e constitúen unha garantía de sustentabilidade ambiental.

Ademais o contexto socioeconómico do sector náutico esta en clara recesión. En gran número de Portos Deportivos están a perder prazas sobre todo na zona sur de Galicia. Polo que este proxecto carece totalmente de sentido.

Por todo isto, as asociacións de Bueu que figuran a continuación solicitan a retirada deste proxecto por carecer totalmente de rigor en todos os aspectos, e a aplicación da alternativa “0” (que non se faga porto nengun) que garanta o futuro da praia de Pescadoira.

Asimesmo solicitamos que Portos de Galicia que, na medida do posible, estudie posibles actuacións sobre o espigón da actual dársena do porto de Bueu (pasos submariños para as correntes mariñas, etc) encamiñados a rexenerár todavía mais a fermosa e emblemática paria de Pescadoira que tanto dano ten sufrido as consecuencias de desafortunadas actuacións.

Asociación ecoloxista de Bueu ANDUXÍA.

 Asociación Cultural  Amigos das Embarcacións Tradicionais OS GALOS.

 Asocociación Cultural Micolóxica Naturista LIBOREIRO.

 Asociación Cultural TROULA NA BANDA.

 Asociación Cultural MEIRO.

 Asociacion de Veciños O PROGRESO DE BELUSO.

 Asociación de Veciños CABANOURO.

 Asociación Sociocultural MOTIVOS D´ALDEA.

Club deportivo Corredoiras de Bueu.

Advertisements