Browsing All Posts filed under »patrimonio medioambiental«

Comentarios á memoria ambiental do Proxecto de Ampliación do Porto de Bueu (Porto deportivo de Pescadoira)

Novembro 17, 2012

1

Poñemos á vosa disposición o texto íntegro entregado en nome dos colectivos abaixo asinantes á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio o pasado 15 de novembro de 2012 en referencia á Memoria Ambiental do Proxecto de Ampliación do Porto de Bueu (Porto deportivo de Pescadoira): EFECTOS […]

As Abelaires, galería fotográfica

Xuño 5, 2012

0

Fotografías de maio de 2012.  

as Abelaires, insculturas con 4.000 anos de historia

Maio 31, 2012

0

O desleixo que leva anos padecendo o petroglifo das Abelaires e que o levou a terse convertido nunha especie vertedoiro incontrolado ten sido denunciado publicamente por diversos colectivos do Morrazo. Este ben milenario, que administrativamente pertence a Cangas pero que o Concello de Bueu inclúe no seu patrimonio na súa Guía Turística, está situado actualmente […]

máis novas denunciando o vertedoiro incontrolado no petroglifo das Abelaires

Marzo 7, 2012

0

O pasado sábado volvimos ver no Faro de Vigo como continua sendo o estado do petroglifo das Abelaires. Tamén hoxe, en culturagalega .org, podemos ler como ‘O petróglifo das Abelaires, ubicado en Cangas do Morrazo, case nos lindes do territorio municipal, ten mala sorte por dous motivos: estar ao carón dun camiño e nas proximidades […]

a Asociación Liboreiro denuncia o abandono do petroglifo de Abelaires

Febreiro 24, 2012

0

A Asociación Liboreiro denunciou a semana pasada a lamentable situación na que se atopa este xacemento arqueolóxico situado en Castiñeiras. Na nova publicada no Faro de Vigo pódese ver como o abandono é patente xa que se acumulan tanto ó seu arredor coma no camiño que lle da acceso ‘restos de escombros, latas de aceite […]

Bens de interese patrimonial no roteiro de Chans

Febreiro 20, 2012

2

FORNO DAS ARCAS Trátase dunha mámoa con dolmen, datado do período neolítico (3000 a.c.), pertence o concello de Bueu, concretamente situada entre as parroquias de Ardán (Marín) e Cela (Bueu). As mámoas son monumentos funerarios  representativos da era megalítica. As dimensións do túmulo non superan os 30m2. A coiraza esta soterrada e o que si […]

O roteiro de Chans

Febreiro 20, 2012

0

O roteiro de Chans, cun recorrido aproximado de 8 Km. e nun tempo variable de 2 horas e media, ven de presentarse coma unha alternativa mais de lecer no entorno da parroquia de Santa María de Cela, en Bueu. Coordenadas xeográficas LAT. 42º 19´ 45.82 N LON. 8º 44´14.47 W (Datum ETRS89) . O lugar […]