Xornadas sobre Patrimonio Marítimo

O pasado 15 de outubro celebráronse no Museo Massó as primeiras Xornadas sobre Patrimonio Marítimo en Bueu.  A nosa asociación  naceu coa vontade de cubrir un déficit, que consideramos que existía, na defensa do patrimonio da vila. Por desgraza, non todo o patrimonio cultural goza de igual recoñecemento, todos sabemos apreciar unha igrexa románica ou un pazo barroco, pero ben sexa polo vacío legal existente ou polos pasados máis humildes ós que fai referencia, o patrimonio marítimo é o menos valorado e, en consecuencia, o que se atopa máis en perigo de desaparición.
E Bueu é unha vila vencellada ó mar.
Tivemos a sorte e o orgullo, a pesares de todo o moito que queda por facer, de ter tido a oportunidade de potenciar ese valor da nosa vila.  Ese é foi o porqué das xornadas.

Dende a asociación non deixamos de agradecer a todolos poñentes [Covadonga, Oscar, Dionisio e Staffan],que foron quenes gracias a súa colaboración desinteresada e o seu ‘amor ó arte’ fixeron posibles as xornadas.

 

‘O museo de portas para fóra’, intervención de Covadonga López de Prado Nistal

‘As Arquitecturas de Ribeira: O Charango’, intervención de Oscar Fuertes Dopico

‘Carpinterías de Ribeira: diagnóstico de problemas e posibles solucións’, intervención de Dionisio Pereira González

Mesa redonda con Staffan Mörling

Advertisements
Be the first to start a conversation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: